Proxección 'Do not lean on door' + encontro con Vicente Vázquez Arrieta

Organiza: MICE - Museo do Pobo Galego (, Ver sus eventos )

Proxección 'Do not lean on door' + encontro co artista Vicente Vázquez

42 minutos / 2021 / Galicia 

Esta mediometraxe componse de imaxes rexistradas co teléfono móvil do director na rede de suministro de persoas máis grande do mundo, o metro de Nova York. Concretamente, estas imaxes foron gravadas a semana do ‘black friday’, no interior dos vagóns das liñas 3, 4 e 7.

Na sesión, o artista Vicente Vázquez manterá un diálogo audiovisual entre a primeira montaxe da peza e a cantidade de materiais heteroxéneos (vídeos, fotografías, textos...) que manexa de cara a formalización final. O realizador contextualizará este traballo, ao mesmo tempo, que se apoia en descartes de imaxes e audios que está elaborado xunto ao artista Miguel Prado Casanova.

Máis información na web da MICE: Proxección de 'Do not lean on door' + encontro co artista Vicente Vázquez