Esta entrada dá acceso á actuación de LORENA ÁLVAREZ na Igrexa de San Domingos de Bonaval.
A compositora, produtora, intérprete e pintora Lorena Álvarez é difícil de clasificar porque hai artistas que, coma ela, se resisten a limitarse a unha etiqueta. Irrompeu na escena musical coma un sopro de aire fresco e, de maneira visionaria explorou e reivindicou as posibilidades da música folclórica. Conseguíu traspasar os límites habituais da música tradicional e situala nun novo contexto no que a contemporaneidade e a tradición van da man sen complexos.