Un dos grupos emerxentes do folk metal galego, Sons of Exodus, comezan a xira do seu novo disco na capital galega, na Sala Sónar.
No seu novo traballo bautizado como 'Cazabruxas', a Historia Galega preséntase en foma de riffs contundentes, gaitas, acordeóns, solos de guitarra e baladas acústicas, creando unha perfecta mistura entre as melodías galegas de raíz e a música moderna.
Acompañados do grupo de rock alternativo compostelán PortoFranco, a noite do 22 de Abril préstase a ser inesquecíbel.