Neiti aika
[Estrea en España]
60 minutos / 2020 / Finlandia
Dirección: Elina Talvensaari
Producción: Emilia Haukka e Jussi Rantamäki para Aamu Filmcompany.
Argumento: Sirkka-Liisa Miettinen foi unha muller que morreu soa aos 98 anos. A directora Elina Talvensaari mercou o seu apartamento con todo o que posuía, desde libros até fotografías. Non había ninguén, nin parentes nin amigos, que viñesen buscalos e Elina non quería tirar estas posesións. Significaría erradicar os últimos sinais da vida de Sirkka-Liisa. Elina decidiu lembrar á muller.
Premio no Tampere Film Festival, pasou polo IDFA - International Documentary Film Festival in Amsterdam e o Thessaloniki Documentary Festival.