CICLO VANGAL - MOUNQUP

Düzenlemek: Museo do Pobo Galego - Ruido de Fondo (, etkinliklerinizi görün )

[Entrada da acceso á actuación, á exposición temporal do Museo do Pobo Galego e á intervención da artista no claustro do 6 ao 8 de novembro].

Detrás de MounQup, está Camille Hèdouin, francesa de orixe e galega de adopción. Compón as súas cancións en francés, inglés e galego, e a súa música, de base a electrónica, recolle influencias que van dende os ritmos africanos, pasando polo jazz, ata a experimentación industrial nórdica. En 2017 gañou o IX Certame Musical Fran Pérez ‘Narf’ promovido pola Deputación da Coruña. 

A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo.

Escoita no Bandcamp o último de MounQup: https://mounqup.bandcamp.com