IMPORTANTE:
O GFFF arrancará unha semana antes, o 25 DE SETEMBRO, cun día enteiro dedicado ao público infantil e xuvenil: O Pequefreak, un evento no que as nais e pais, tías e tíos, poderán iniciar aos máis cativos no marabilloso mundo do cinema freak.
Coa colaboración do Concello de Vigo, celebraremos este mini-festival nunha completa xornada que contará cun taller de Stop-Motion impartido polo director Fernando Cortizo, xogos de realidade virtual dos compañeiros de Inmersia, e cinema, moito cinema.
A sección oficial, na que os máis cativos elixirán a súa obra favorita, estará composta por 19 curtametraxes vidas de todas partes do mundo.
Para finalizar a xornada e dar renda solta á nostalxia despediremos esta primeira edición do Pequefreak coa proxección de "Los Gonnies" do director Richard Donner.
SE ES PEQUENO E ES FREAK,
VÉN AO PEQUEFREAK!