Encontro ONS SOA con Paula Ballesteros, Alfonso Zarauza e Roberto Castiñeira

Organiza: Museo do Pobo Galego (, Ver sus eventos )

xoves 25 de marzo, ás 17h30, no Museo do Pobo Galego, terá lugar unha conversa entre a comisaria da exposición, Paula Ballesteros-Arias, o director do filme Ons Alfonso Zarauza e o garda forestal do Parque Nacional da Illas Atlánticas Roberto Castiñeira Lavadores, moderados pola directora da MICE, Ana Estévez. O único arquipélago que fica habitado das Illas Atlánticas centrará un coloquio que aboradará a illa desde o cinema, a literatura e a educación medioambiental. 

A continuación, ás 19h30, proxectarase a película Ons, de Alfonso Zarauza, no auditorio do Museo do Pobo. As entradas serán gratuítas e poderán retirarse aquí: https://vivetix.com/entradas-proxeccion-da-pelicula-ons-de-alfonso-zarauza 

Máis información sobre a exposición en: http://mice.museodopobo.gal/16-2/actividades-paralelas/exposicion-ons-soa