CHARLA CICLO VANGAL - MOUNQUP

Organiza: Museo do Pobo Galego e Ruido de Fondo (, Ver sus eventos )

[Este convite só da acceso á charla de presentación da intervención expositiva de MounQup].

O ciclo VanGal comezará coa presentación da proposta de MounQup, o proxecto de electrónica da francesa Camille Hèdouin. Camille chegou a Ourense en 2011, provincia na que vive na actualidade, para traballar no proceso de recuperación de Saumede, unha aldea abandonada situada no concello de A Bola.

A súa intervención estará composta por un conxunto de videocreacións que mostran a conexión entre os pobos, a natureza e as representacións femininas positivas e centrarase en relacionar estas influencias “do pasado” coa súa visión de Galicia no presente.