Aire do outro mundo

Organiza: Museo do Pobo Galego (, Ver sus eventos )

Unha deriva senso-sonora polo Museo do Pobo Galego. 

En silencio e coa escoita de todo o corpo aberta á experiencia, as persoas participantes transitarán o edificio na compaña de Elsa Pereira, persoal de sala do Museo e que cada día comparte ritual cos seres que habitan este lugar onde, cada día, ao apagar as luces, as ánimas de Castelao ou Rosalía ocupan os espazos que lles corresponden e debaten, cantan e murmuran o acontecido durante a xornada.

Duración estimada: 60 minutos. 

Destinado a público adulto. 

Elsa Pereira é, ademais de traballadora do Museo, bailarina e investigadora na disciplina "Body weather" e ten realizado traballos "site specific" corpo-paisaxe no espazo urbano, sempre co obxectivo de botar unha ollada consciente sobre o territorio que nos rodea. Durante a súa formación en danza e creación contemporánea, realizou un traballo inspirado nos camiños de luz que existen na obra de Álvaro Siza dentro da Facultade de arquitectura do Porto e promove Derivas en silencio na procura dos camiños do desexo que, debido ás continuas transformacións que sofre a cidade ao longo do ano, é preciso deliñar sobre o territorio para poder seguir habitando e transitando o lugar que escollemos para vivir.