MONDRA - FOLĪA das ARDENTES

Organiza: Seispés Producións Creativas (, Ver sus eventos )

Liberdade, sensualidade e afectos. A noite do vindeiro 17 de novembro, venres, a FOLĪA das ARDENTES chega a Sala Rebullón dun xeito irrepetible. Acollerá o directo de presentación do primeiro traballo discográfico de Mondra, un dos nomes máis frescos e prometedores da nova escena musical galega.


Artista, cantareiro e bailador, Mondra presenta con ARDĒN (Altafonte, 2023) -a súa esperada ópera prima, producida por Berto, unha experiencia musical, visual e performativa en diálogo coa música tradicional galega.


Do son ARDENTE xa se coñecen temas como PUNHETA!, SACOdePULGAS, Beijos de LK e RUMBAMBĀ. ARDĒN é unha proposta que viaxa dende a electrónica aos retrousos tradicionais, que é luminosa e reflexiva ao tempo, que celebra e reclama, que murmura e danza, que coida e berra… abrindo a porta a unha terra diversa e de resistencia. 


Coa presentación ao vivo de ARDĒN o venres 17 de novembro, a Sala Rebullón será testemuña dun espectáculo único, coa presentación dos temas inéditos de ARDĒN, danza e visuais sobre a escena e convidadas ben especiais.


ARDENTES, a ruare!