A.C. Arume de Caión - Rueiros da Vila

Organiza: Rueiros da Vila - Concello da Laracha (, Ver sus eventos )

O apartado Tradicional Galego da A.C Arume de Caión xestouse, como tantas veces ocorre na vida, no transcurso dunha conversa entre bos amigos de Caión. Naceu como resposta ao evidente vacío cultural no eido tradicional que había na vila dende comenzos dos anos noventa e viu a luz a finais do ano 2011 no seo da A.C Arume de Caión.

Actualmente unas 100 persoas entre nenos e adultos, homes e mulleres, acoden a algún tipo de actividade tradicional dentro do grupo.

Deste xeito, o GMBT ARUME (“Grupo de Música e Baile Tracional Arume”) componse dun grupo de bailaríns senior, un grupo de bailaríns infantís (“Os Petiscos”), un grupo de pandereteiras (“As Cantareiras d´Atalaia”), un grupo masculino de Cantareiros (“Os Pescos”) e un grupo de música composto por gaiteiros, tamborileiros e bombeiros (“Os Esteriróns”). Contamos tamén cun grupo de pandereteiras de iniciación (“As Arnelas”) e tamén cun grupo de iniciación infantil de pandeireta.

Estes anos leváronse a cabo labores de recollida de cantos de taberna e coplas tradicionais na vila que eran cantadas polas xentes mariñeiras de Caión decenios atrás. A intención do GMBT é continuar no vindeiro curso con esta tarefa de recuperación e conservacon da tradicón oral caionesa, buscando máis informantes e deixando constancia en medio audiovisual do seu preciado saber.

https://www.facebook.com/AC-Arume-de-Caion

 

 

.