Sons of Exodus · Xhamain · Sala Rebullón · Mos · 28abril

Organiza: Plancto Xestión Cultural (, Ver sus eventos )

Xhamain e Sons of Exodus propoñen unha unión de forzas combinativas coa maxia dos sons galaicos e a potencia do rock/metal nunha noite que nos levará a unha ensoñación mística nos montes de Tameiga-Mos.

O sexteto vigués vén de rematar a súa xira por diversos puntos da península ibérica acompañando ós italianos Nocturna, presentando o seu aclamado álbume "Na Alma", o primeiro dunha triloxía chamada "No ser" onde o metal gótico-sinfónico é misturado cos sons célticos das gaitas e frautas.

O proxecto de Carlos Cernadas, a camiño entre Gran Bretaña e a Galiza, presenta neste mes de abril en diferentes puntos do país a súa proposta de rock duro e música tradicional galega plasmada no seu novo traballo "Cazabruxas", e sendo representada en directo cos seus kilts e a súa impoñente posta en escea.