Proxección 'Viagem aos Makonde' + 'La Forêt' [Sección Oficial]

Organiza: Museo do Pobo Galego (, Ver sus eventos )

Viagem aos Makonde, de Catarina Alves + La Forêt, de Mortada Ouahib e Lo Thivolle | Estrea en Galicia e en España | Sección Oficial | Museo do Pobo Galego 

Viagem aos Makonde 

55 minutos / 2019 / Portugal - Mozambique 

[Estrea en Galicia] 

Dirección e guión: Catarina Alves Costa

Dirección fotografía: Joao Ribeiro 

Montaxe: Pedro Duarte

Son: Gabriel Mondlene 

Productora: Midas Filmes

Argumento: Unha viaxe da realizadora a Mozambique, levando con ela os filmes e as fotografías de Margot Dias, unha etnóloga que filmou entre 1958 e 1961 no Norte do país, entre os Makonde, mestres de arte e escultura africana. O filme vai ao encontro dos Makonde de hoxe, urbanos, devolvéndolles estas imaxes e a súa propia historia e revelando un país con tradicións enraizadas. 

Detalle: Esta película pasou polo Festival de Filme Etnográfico Recife (Brasil) recollendo os premio ao mellor documental. 

Trailer: https://vimeo.com/338848314 

+

La Forêt

[Estrea en España]

16 minutos / 2020 / Francia - Marrocos

Dirección: Mortada Ouahib e Lo Thivolle

Productor: Lo Thivolle

Argumento: En Oujda, hai un bosque poboado por migrantes no que tentan atoparse, na escuridade da noite.

Detalle: Esta peza recibiu un premio ex aequo no Festival des Cinémas Différents et Expérimentaux de París no pasado 2020.