Pakolas - Rueiros da Vila

Organiza: Rueiros da Vila - Concello da Laracha (, Ver sus eventos )

“Pakolas” é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno e as familias, “Pakolas”, que xa conta con dous librodisco no mercado e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.

“Ramona Órbita. A dona do Tempo” esta é a historia que nos presenta no seu último traballo, unha personaxe inspirada na súa bisavoa Ramona. Esta é unha muller ben curiosa e sobre todo preocupada polo medio ambiente e por protexer a natura, e mellorar o noso futuro. Ben seguro que gustaredes de coñecela!

 

.