Moska Rock

Organize: Carlos (, See your events )

A asociación MoSka Rock en colaboración coa Comunidade de Montes de Tameiga organizan a I edición do festival MoSkaRock o vindeiro 13 de maio a partir das 18:00 na Sala Rebullón. 

Nesta edición contamos cun cartaz de 5 grupos emerxentes de diferentes zonas de Galiza: TNT Band, TIAM Gz, Sustanciados, Liberad al Kraken e Archivo Adxunto, os cales actuarán nesta orden comezando as 19:00

Contaremos cunha barra de bebidas con prezos populares, postos de comida e zona de merchan do festival e dalguns dos grupos.