GFFF ON THE ROAD: CODEX CINEMA

Organiza: Galician Freaky Film Festival y Codex Cinema (, Ver sus eventos )

Sábado, 18 de Setembro

Codex Cinema (Lugo)

 

O Galician Freaky Film Festival sairá do seu feudo vigués para levar o seu espíritu underground a terras lucenses.

Apadriñados polo Grotesque Film Festival e o realizador Brian Rodríguez Cortiñas, faremos unha presentación da nova edición do GFFF no Codex Cinema de Lugo.

No acto proxectarase o palmarés da edición de 2020 así como algunhas das obras favoritas do público, anunciaranse as novidades para esta edición e remataremos cun sarao ben suxerente!

Información e programación na web do GFFF

Nada mellor para ir quentando motores para esta inminente #5 edition!