Concerto CRUA + Acordeireta + MJ Pérez

Organiza: Carlos (, Ver sus eventos )

Festexamos o 25 de abril con este concerto no que xuntaremos artistas galegas e portuguesas. 
CRUA:
 6 adufes. 6 voces. 6 multiplicacións de outras
percusións. Un concerto pulsante e intimista, tenro e vigoroso, nunha viaxe persoal
pola raíz tradicional ibérica. 
O repertorio é plural, con forte incidencia portuguesa, onde o adufe asume un lugar
predominante.
CRUA actuarán xunto a  Acordeireta e MJ Pérez, vellas amigas da Sala Rebullón que se prestaron a acompañar a banda portuguesa para conmemorar xuntas o 49 aniversario da "Revolução dos Cravos".
25 de abril Sempre!!!