CICLO VANGAL - LAURA LAMONTAGNE E PICOAMPERIO

Organiza: Museo do Pobo Galego - Ruido de Fondo (, Ver sus eventos )

[Entrada da acceso á actuación, á exposición temporal do Museo do Pobo Galego e á intervención da artista no claustro do 6 ao 8 de novembro].

Laura LaMontagne e PicoAmperio, abordan campos musicais diferentes que se moven entre a tradición galego-portuguesa das «cantigas de amigo», ritmos electrónicos e ambientes íntimos provocados polas superposicións vocais e bucles musicais. Poesía propia e adaptacións de Rosalía de Castro, Lorca, Pessoa, Martín Codax; rabia e desasosego dunha viaxe turbulenta como a vida. Na música de Laura LaMontagne e PicoAmperio atopase a tradición e a realidade maquinal e tecnolóxica para contar historias. Na proposta poderemos atopar unha mestura de hip hop, abstracción ambiente, folclore medieval e unha sensibilidade musical que invoca camiños abertos.

A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo. 

Podes escoitala aquí: https://laulamontagne.wixsite.com/lamontagne/music