CICLO VANGAL - FAIA

Organiza: Museo do Pobo Galego - Ruido de Fondo (, Ver sus eventos )

[Entrada da acceso á actuación, á exposición temporal do Museo do Pobo Galego e á intervención da artista no claustro do 6 ao 8 de novembro].

Faia Díaz presentará no ciclo VanGal 2.0 o seu primeiro disco, Ao cabo leirín, un proxecto que vai más alá do musical, e que supón un proxecto de investigación arredor das cancións, das historias que contan e das mulleres que as cantan. Tamén é unha experimentación da súa propia voz e do escoitarse en diferentes espazos. A proposta do directo, preséntanos un concerto íntimo e sensorial para deixarse levar polo canto, a voz e as percusións tradicionais de Faia acompañadas por Benxamín Otero no corno inglés e a caixa de música. 

A actuación será na Igrexa de San Domingos de Bonaval con entrada polo Museo.

Coñece o proxecto de Faia: http://faia.gal