CHARLA CICLO VANGAL - TERESA FERREIRO

Organiza: Museo do Pobo Galego e Ruido de Fondo (, Ver sus eventos )

[Este convite só da acceso á charla de presentación da intervención expositiva de Teresa Ferreiro].

A intervención de Teresa Ferreiro mostrará unha colección de obras creadas nos últimos cinco anos e unha serie realizada concretamente para o Museo do Pobo, unha reinterpretación dos debuxos do artista e político Castelao, en referencia ás obras da colección “Galicia Mártir” e “Atila en Galicia”. As súas ilustracións teñen un estilo que recorda aos debuxos animados de Disney e ao anime nas expresións e movemento das personaxes pero tamén na xestión da cor - mesturando cores flúor con cores pasteis – común na animación xaponesa. Nas temáticas, as ilustracións mesturan o doce, o violento, o político e o enigmático dunha forma moi persoal. A presentación do seu traballo será en forma de entrevista conducida polo xornalista Marcos Gendre, no que abordará as súas creacións e o seu traballo académico, que trata o xénero testemuñal e feminista na banda deseñada.